APERTURA DE PROPOSICIONS PRESENTADAS AO CONCURSO DE VENTAS DE SOLO EMPRESARIAL DO 25 DE FEBREIRO


ACTO DE APERTURA DE PROPOSICIONS PRESENTADAS AO CONCURSO DE VENTAS DE SOLO EMPRESARIAL CONVOCADO O 25 DE FEBREIRO.

Tal e como se indica no anuncio da convocatoria do Concurso de Ventas de Solo Empresarial, o Acto de Apertura de proposicións realizarase o día 19 de Abril de 2022 ás 11:00 horas, nas oficinas da sede central de Xestur, S.A. (Pol. De Fontiñas, Área Central, Local 25Z- 1º andar, Santiago de Compostela).

A asistencia a este acto público, poderá ser presencial ou ben a través de medios telemáticos; neste caso, será preciso con carácter previo e antes do referido 19 de Abril, enviar un correo electrónico solicitando a asistencia telemática, á seguinte direccion: unidade.central@xesturgalicia.com dende a que remitirán o enlace á sesión correspondente.

En Santiago de Compostela a 5 de Abril de 2022

María Doporto Santos

Xerente Xestion do Solo de Galicia, Xestur S.A.