APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACION DIRECTA DO CONTRATO DE ALUGUER DE NAVE SITA NO PARQUE EMPRESARIAL DE O CAMPIÑO
De acordo co previsto no apartado V. Outros do Prego de Bases para o Aluguer de nave industrial propiedade de Xestión do Solo de Galicia Xestur SA, sita no parque empresarial de O Campiño, publicado o pasado 25 de Setembro de 2023, unha vez rematado este e caso de que quedara deserto, a nave poderá ser obxecto de aluguer directamente polo prezo de saída e nas condicións previstas no citado prego.
Da cordo co Acta da Mesa de Contratación do citado concurso, de data 7 de Novembro este declarouse deserto.
Pola presente procédese a apertura do prazo de adxudicación directa do Contrato de de Aluguer da citada nave , podéndose presentar ofertas a partir das 9:00 horas do 1 de Decembro de 2023.
Criterio xeral de Adxudicación do contrato de Aluguer: para o caso de que se presenten varias solicitudes de adxudicación directa do aluguer da nave, terá preferencia o solicitante que primeiro ingrese a fianza correspondente, dende que se abra o prazo para presentar as solicitudes de adxudicación directa.
Aos efectos da orde de prioridade pola data do ingreso da fianza, a que antes se fixo referencia , en caso de dúbida, os solicitantes deberán acreditar ante Xestur S.A. a data e hora en que efectuaron o ingreso ou efectuaron a transferencia mediante a correspondente certificación bancaria ou documento equivalente.
María Doporto Santos
Xerente