ACTO DE APERTURA DE PROPOSICIONS PRESENTADAS AO CONCURSO DE VENTAS DE SOLO EMPRESARIAL CONVOCADO O 9 DE FEBREIRO DE 2024.
Tal e como se indica no anuncio da convocatoria do Concurso de Ventas de Solo Empresarial, o Acto de Apertura de proposición realizarase o día 22 de Marzo de 2024 ás 11:00 horas, nas oficinas da sede central de Xestur, S.A. (Pol. De Fontiñas, Área Central, Local 25Z- 1º andar, Santiago de Compostela).
A asistencia a este acto público, poderá ser presencial ou ben a través de medios telemáticos; neste caso, será preciso con carácter previo e antes do referido 22 de Marzo, enviar un correo electrónico solicitando a asistencia telemática, á seguinte direccion: unidade.central@xesturgalicia.com dende a que remitirán o enlace á sesión correspondente.