PROXIMAMENTE AXUDAS PROGRAMA UNICO


PROXIMAMENTE DARÁ COMEZO O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA O REFORZO DA CONECTIVIDADE EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS E CENTROS LOXÍSTICOS  ENMARCADAS NO PROGRAMA UNICO – INDUSTRIA E EMPRESAS.

As principais características desta nova convocatoria de axudas se indican a continuación:

Destinatarios…

Estas axudas están destinadas unicamente a microempresas, pequenas e medianas empresas (PYME), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea de 6 de maio de 2003, ubicadas en polígonos industriais e centros loxísticos, así como outras áreas de alta concentración empresarial como parques empresariais, viveiros de empresas e parques tecnolóxicos ou científicos, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto...

Estas axudas teñen como obxecto os proxectos de instalación de redes de comunicacións electrónicas de alta velocidade, capaz de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps, en cada unha das fábricas, centros e dependencias que formen parte do ámbito de actuación.

Investimentos e gastos subvencionables...

As subvencións destinaranse a financiar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados.

A intensidade máxima destas subvencións será do 80% do custo elixible do proxecto. O importe máximo de subvención por proxecto estará limitado a 60.000€ por solicitude.

Ampliarase a información no momento no que se publique a convocatoria no DOG e dé comezo o prazo de presentación de solicitudes.