Xestión

XESTUR Galicia, S.A. concreta ó seu obxecto social nas seguintes actuacións:

Solo Empresarial

O obxectivo que se persegue con estas actuacións é dotar á provincia dunha reserva de chan empresarial ordeado que posibilite a implantación de actividades industriais, comerciais e de servizos que permitan o desenvolvemento da nosa Comunidade Autonoma

Solo Residencial

unha das actividades é a promoción de solo residencial, onde podemos destacar a firma de convenios cos concellos da Comunidade Autonoma para a construcción de vivendas de protección autonómica. Con isto preténdese cubrir a demanda das persoas que non teñen acceso a vivenda libre.

Asistencia técnica e Servizos

Co obxecto de optimizar a estrutura de profesionais de XESTUR Galicia, unha das actividades que leva a cabo é a asistencia técnica e servizos en tódalas problemáticas urbanísticas que se presenten na nosa Comunidade Autonoma e que sexan demandadas.

Recuperación e Rehabilitación de Núcleos históricos e Núcleos Rurais

Xestionar e colaborar na rehabilitación de núcleos rurais en estado de abandono para a súa recuperación económica e social. Esta actuación desenvólvese co fin de recupera-los núcleos históricos para a súa conservación e habitabilidade.

Outras actuacións

XESTUR Galicia colabora das distintas iniciativas urbanísticas que se adoptan na Administración para a mellora da Comunidade Autonoma de Galicia.

Xestión do programa de Vivenda en Aluguer

Dende o ano 2008 por encargo do Instituto Galego da Vivenda e Solo xestiona as axudas do Estado do programa Renda Básica de Emancipación.